A plataforma organiza unha nova manifestación para setembro
Cidadáns coruñeses bótanse á rúa en defensa da Ría do Burgo
Cidadáns de A Coruña e da comarca secundaron a manifestación que o pasado 21 de xuño percorreu varias rúas céntricas da cidade en demanda da rexeneración da Ría do Burgo. A “Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo”, entidade organizadora da marcha, convoca unha nova manifestación para o 20 de setembro.
Paulo Carril, secretario comarcal da CIG, reclamou, ao termo da manifestación, un compromiso firme por parte dos gobernos autonómico e español para a recuperación da Ría, que se materialice a través dos próximos orzamentos con partidas económicas específicas a este respecto. Carril parabenizou as corporacións municipais da comarca, agás a de Oleiros, que aprobaron mocións de apoio ás demandas da Plataforma.
Carmen Chans, presidenta da Agrupación de Mariscadoras de a pé de A Coruña, e Manuel Cao, patrón maior da Confraría, foron os encargados de ler o manifesto da Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo



chuzame - O PLENO DO CONCELLO DA CORUÑA APROBA POR UNANIMIDADE UNHA MOCIÓN DE APOIO E SOLIDARIEDADE COAS REIVINDICACIÓNS DA PLATAFORMA
10 Xuño 2008O Pleno da Corporación municipal do Concello da Coruña ven de aprobar por unanimidade unha moción presentada conxuntamente polos tres grupos municipais do Concello, a instancias do BNG.
Esta moción o Pleno do Concello da Coruña manifesta o seu compromiso de continuar, en cooperación coa Xunta de Galicia e da Administración do Estado, as accións para conseguir a completa rexeneración e recuperación da ría do Burgo para o marisqueo e solidarízase coas demandas sociais encamiñadas a recuperar a ría.
Descarga en PDF a mocion adoptada polo Concello da Coruña
Na exposición de motivos, os tres grupos (BNG, PSOE e PP) recoñecen que a ría do Burgo ten sufrido nas últimas décadas as consecuencias ambientais dunha área metropolitana con unha alta densidade de población sumado a un entorno industrial e empresarial, sin tratamento e depuración das súas augas residuais, se ben recoñece que "nos últimos anos tense feito un esforzo técnico e orzamentario no control das augas, na canalización e principalmente no referido ao saneamento".
O Concello da Coruña recoñece que o saneamento da ría é unha prioridade municipal, tanto no que se refire á supresión das verteduras contaminantes como ao impulso á construción da EDAR de Bens .
chuzame - Arteixo apoia as reivindicacións da Plataforma, mentras que en Oleiros o Goberno municipal di que “a ría está limpa”
6 Xuño 2008O Pleno da Corporación Municipal de Arteixo aproba por unanimidade a moción de apoio ás reivindicacións da Plataforma e de apoio á Manifestación do vindeiro 21 de xuño, que o BNG está a presentar nos Concellos de toda a Comarca.
moción aprobada polo Concello de Arteixo.pdf
Por outra banda, o 29 de maio o Pleno do Concello de Oleiros non debateu unha moción de apoio ás reivindicacións da Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo presentada polo BNG.
A Moción non foi incluída polo alcalde, Ángel García Seoane, na orde do día do pleno (malia ter sido presentada en tempo e forma coa suficiente antelación ao pleno e no rexistro do Concello de Oleiros), xa que segundo este "non é unha moción" e "porque a ría do Burgo está limpa e non ten ningún problema". A moción foi, por tanto, sometida a un debate sobre a urxencia da mesma, pero non sobre o fondo.
O PP adiantou previamente ao voto da urxencia que apoiaría o BNG neste asunto e que apoiaría a moción porque -segundo manifestou no pleno o portavoz do PP, Pablo Cobián- "o PP apoiará o BNG na defensa da Ría do Burgo e apoiará a manifestación do día 21 de Xuño". Mais a moción non conseguiu aprobar a urxencia por causa do voto EN CONTRA do goberno da Alternativa dos Veciños e da ABSTENCIÓN do PSOE.
chuzame - O Concello de Culleredo aproba por unanimidade unha Moción de apoio ás reivindicacións da Plataforma e á manifestación do día 21 de xuño
29 Maio 2008O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Culleredo aprobou por unanimidade a moción proposta polo BNG, na que se recollen as reivindicacións da Plataforma para a defensa da Ría do Burgo e se apoia explicitamente a manifestación convocada para o día 21 de xuño ás 19:30 horas e que sairá desde a Praza da Palloza.
Descarga a mocion aprobada polo Concello de Culleredo en pdf
chuzame - O Pleno do Concello de Sada aproba unha declaración Institucional na que se solidariza coas persoas que viven do marisqueo da Ría do Burgo, demandando a rexeneración da ría.
O Pleno da Corporación municipal de Sada aprobouno día de hoxe, cos votos favorables do BNG (que presentaba a moción) e o PSOE, a seguinte:
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL SOBRE A RÍA DO BURGO
A Ria do Burgo atópase desde fai anos nun lamentábel estado de contaminación. Ademais do tremendo impacto ambiental que esto implica tamén debemos ter en conta as negativas repercusións sobre a actividade pesqueira e o turismo.
Por mor desta situación a Corporación Municipal de Sada entende que é preciso demandar a firme actuación na aplicación da lei para os causantes directos e indirectos de verquidos á Ría, a finalización do proxecto integral de saneamento para eliminar os importantes focos de contaminación que van directamente á Ría, a posta en funcionamento da EDAR de Bens, a definición consensuada coas asociacións de marisqueo dun plano de rexeneración medioambiental de limpeza integral da Ría do Burgo para o goce e lecer cidadán ,a recuperación dos bancos de marisqueo e finalmente defender a vixencia temporal e indefinida dos actuais convenios subscritos entre a Consellaría de Pesca e as Agrupacións de Marisqueo mentras non se poida desenvolver con normalidade a actividade marisqueiras.
Diante da crecente preocupación social na Comarca da Coruña a Corporación Municipal de Sada solidarizase coas persoas que viven da riqueza marisqueira da Ría do Burgo, demandando a rexeneración da ría e apoiando todas as medidas que se adopten neste senso.
Sada, 29 de maio de 2008
chuzame - Gaspar Llamazares insta ao goberno español e intervir e interumpir as verteduras contaminantes á Ría do Burgo.
Madrid/A Coruña, 29 de Maio de 2.008
Descarga en pdf a pregunta formulada no Congreso
A petición da organización comarcal coruñesa de Esquerda Unida, (EU), o deputado e Coordinador Federal de IU, Gaspar Llamazares, presentou unha serie de preguntas ao goberno do Estado a través do rexistro da Mesa do Congreso dos Deputados.
Esquerda Unida-IU volve a denunciar o lamentable estado de contaminación da coruñesa ría do Burgo, do que se derivan graves consecuencias ambientais e económicas para os cidadáns e para os mariscadores da zona.
Na súa interpelación fai referencia ao incumprimento reiterado das Directivas europeas en materia de augas residuais. Esta referencia ás Directivas da UE, son continuación das preguntas que rexistrou EU ante a Comisión Europea, en Bruxelas, o pasado día 19 de maio, a través do eurodiputado de IU, Willy Meyer.
Gaspar Llamazares, recorda ao Goberno español, o atraso inadmisible, (máis de oito anos), da Estación Depuradora de Augas Residuais da Coruña, (EDAR de Bens). Así como a non aplicación dun plan integral de saneamento da ría pola administración galega.
chuzame - MOCIÓN PARA O APOIO INSTITUCIONAL DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE AS REIVINDICACIÓNS DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RIA DO BURGO
28 Maio 2008MOCIÓN PARA O APOIO INSTITUCIONAL DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE AS REIVINDICACIÓNS DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RIA DO BURGO.
XUSTIFICACIÓN:
En repetidas ocasións, ten xurdido nos debates dos Plenos Municipais do concello, a necesidade de dar unha resposta eficaz ós acuciantes problemas derivados do estado de deterioro e abandono que presenta a ría do Burgo.
En diversos plenos a nosa organización mostrou a preocupación mediante a presentación de iniciativas que non tiveron unha resposta eficaz, e adecuada para correxir o proceso de degradación; pero foi recentemente cando o problema se agravou, motivado o aumento imparable da súa contaminación, o que orixinou a declaración de zona "C" por parte da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia, prohibindo a actividade extractiva, agravando o problema ambiental e convertendo en un problema económico para centos de persoas que viven da súa riqueza marisqueira.
Ante ista situación, recentemente creouse na área metropolitana unha "Plataforma en Defensa da Ría do Burgo", formada por mais de cuarenta colectivos cívicos, sindicais, profesionais, políticos, etc.
Neste intre a recén creada "PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA DO BURGO" elaborou un manifesto constitucional no cal aparecen reflexadas as principais demandas, marcando e definindo os obxetivos fundamentais da mencionada Plataforma, xustificando a creación do colectivo do segunte xeito:
[…É o desprezo e o incomprimento de normativas, entre outras, Europeas, por parte do goberno español, e o retraso na construcción e posta en funcionamento da EDAR, polo ministerio de Medio Ambiente, o non ter rematado o proxecto de saneamento das augas residuáis, responsabilidade do goberno da Xunta, pola consellería de Medio Ambiente, sumado a pasiva actuación dos concellos, a que está a causar constantes verquidos a unha Ría do Burgo convertida hoxe en foco de contaminación e sumida nunha grave degradación medioambiental....]
Este manifesto elaborase e aprobase co obxectivo de esixir das diferentes administracións responsables os seguindes compromisos:
-A firme actuación na aplicación de sancións aos causantes directos e indirectos dos verquidos á Ría do Burgo.
-A finalización do proxecto integral de saneamento para eliminar os importantes focos de contaminación que aínda existen nos concellos de A Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros, que verquen indiscriminadamente na Ría do Burgo.
-A posta en funcionamento urxente da EDAR de Bens.
-A definición consensuada coas agrupacións do marisqueo, dun Plano de Rexeneración medio ambiental, limpeza integral da Ría do Burgo e recuperación dos bancos de marisco, con liñas de axuda ao cultivo é a producción.
-Defender a vixencia temporal indefinida dos actuáis Convenios subscritos entre a Consellería de Pesca e as agrupacións de marisqueo da Ría do Burgo, mentres non se teña producido unha total eliminación dos verquidos e se poida desenvolver con normalidade a actividade marisqueira.
EN BASE AS ANTERIORES RAZÓNS, O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN O PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES
ACORDOS:
PRIMEIRO.- Que o Pleno Municipal mostre o seu apoio ás demandas de dito colectivo, a través dun comunicado público os medios de comunicación, recollendo o sentir da presente Moción.
SEGUNDO.- Que a Corporación facilite o apoio necesario, dentro das súas posibilidades, para a organización e difusión dos actos reivindicativos da Plataforma, necesarios para facer realiadade as demandas plantexadas.
CAMBRE, a 23 de Maio de 2008
Asdo: Luis M. Taibo Casás.
Voceiro do Grupo Municipal de Esquerda Unida de Cambre.
chuzame - A Plataforma presenta 17.000 sinaturas ante a Xunta
23 Maio 2008
A Plataforma presentou, o 23 de maio no rexistro do Edificio Administrativo da Xunta en A Coruña, 17.000 sinaturas de cidadáns que demandan o saneamento da Ría, a fin dos vertidos, así como sancións ás empresas e particulares que contaminan.
A Confraría de Pescadores da Coruña, un dos colectivos que conforman a Plataforma, presentou sete denuncias por vertidos ilegais desde o pasado verán. Hai escasos días, o pósito coruñés interpuxo outras dúas, nesta ocasión, por un fluído de espuma de procedencia industrial detectado a semana pasada e por outro de augas fecais que proveñen dunha canalización subterránea que está perforada. A alta concentración de coliformes (tipo de bacterias), á parte de impedir a extracción do marisco, supón mesmo un risco para os bañistas.
Por outra banda, a posta en funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais de Bens, unha das demandas recollidas no manifesto da Plataforma, non será realidade até 2010, cando a Xunta anunciara que estaría habilitada en 2009.
A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo organiza unha manifestación que percorrerá as rúas da cidade o 21 de xuño. A marcha, que reivindica o saneamento da Ría e a fin dos vertidos, partirá ese día ás 19:30 horas desde a Praza da Palloza até a Delegación do Goberno español (Praza de Ourense).
chuzame - O BNG presentará unha moción en apoio ás reivindicacións da Plataforma e á manifestación do día 21 de xuño
22 Maio 2008Ante a lamentábel situación na que se atopa a Ría do Burgo, o BNG presentará unha moción de apoio tanto ás reivindicacións da Plataforma como á Manifestación que baixo o lema "Recuperemos a Ría do Burgo" se celebrará o día 21 de xuño. Esta Moción será apresentada e debatida en todos os concellos da Comarca da Coruña nos vindeiros Plenos que se celebren.
Descarga o texto da moción en PDF
Texto da Moción:
A Ria do Burgo atópase desde fai anos nun lamentábel estado de contaminación por mor dos continuos verquidos de augas resuiduais procedentes de diversos concellos da Comarca da Coruña. Ademais do tremendo impacto ambiental que esto implica tamén debemos ter en conta as negativas repercusións sobre a actividade pesqueira. Trátase dunha zona de tradicional labor marisqueira, actividade da que viven moitas familias da comarca. A Coruña é a única cidade do estado español con máis de 200.000 habitantes que carece de saneamento de augas residuais. Máis de 400.000 habitantes da Area coruñesa verten as súas augas residuais directamente ao mar, na Ria do Burgo ou en Bens, sen depuración algunha e provocando graves consecuencias ambientais e económicas sobre a pesca o marisqueo e o turismo.
O certo é que a estas alturas xa debería estar funcionando a estación de- puradora de Bens e arranxado o emisario submariño. Tratándose dunha zona densamente poboada deberíase contar cun sistema de depuración segundo as directivas da UE. Nestes intres a situación é tan delicada que a zona está declarada, pola Consellaría de Pesca , como zona “C”, por mor da alta contaminación e degradación medioambiental que padece.
O BNG amosou sempre a súa preocupación polo saneamento da Ría do Burgo e nesa liña fixo un intenso traballo tanto no Parlamento de Galiza coma no Congreso dos Deputados. É preciso recordar que grazas a ese intenso traballo negociouse a inclusión nos orzamentos do Estado para o ano 2007 unha partida de 8 millóns de € destinada a limpeza, rexeneración e saneamento da Ría do Burgo e dos ríos Ulla, Limia e Miño na súa desembocadura. De igual xeito acordouse unha partida concreta de 1 millón de € para a rexenaración da Ría nos orzamentos de 2008.
Por mor da constante e crecente preocupación social do grave deterioro da Ría constituiuse recentemente unha plataforma para a súa defensa. Ademáis da confraría de pescadores da Coruña, agrupación de mariscadores de a pé e a flote , tamén están diversas entidades veciñais, colectivos, sindicatos e partidos políticos. O fin non é outro que demandar a firme actuación na aplicación da lei para os causantes directos e indirectos de verquidos á Ría, a finalización do proxecto integral de saneamento para eliminar os importantes focos de contaminación que van directamente á Ría, a posta en funcionamento da EDAR de Bens, a definición consensuada coas asociacións de marisqueo dun plano de
rexenearión medioambiental de limpeza integral da Ría do Burgo para o goce e lecer cidadán ,a recuperación dos bancos de marisqueo e finalmente defender a vixencia temporal e indefinida dos actuais convenios subscritos entre a Consellaría de Pesca e as Agrupacións de Marisqueo mentras non se poida desenvolver con normalidade a actividade marisqueiras.
Co fin de demandar das diferentes administracións públicas responsábeis as cuestións manifestadas con anterioridade a Plataforma para a defensa da Ría do Burgo convocou para o vindeiro sábado 21 de xuño ás 19:30 h. unha manifestación co lema “Recuperemos a Ría do Burgo”.
Por todo isto o grupo municipal do BNG solicita a adopción do seguinte acordo:
1. O pleno da corporación municipal vista a grave situación medioambiental que sufre a Ría do Burgo por mor dos contínuos verquidos apoia as reivindicacións da Plataforma e a convocatoria da manifestación do día 21 de xuño ás 19:30 h. baixo o lema “Recuperemos a Ría do Burgo”.
chuzame - 